Galego
O galego é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galiza, onde é falada por uns 2.4 millóns de galegas. Á parte de en Galiza, a lingua falase tamén en territórios limítrofes con esta comunidade, ainda que sen estatuto de oficialidade, asi como pola diáspora galega que emigrou a outras partes do estado español, América latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países do Europa.
Tips⚑
Te e che. Trucos para saber diferencialos⚑
En galego temos dúas formas para o pronome átono da segunda persoa do singular: te e che.
O pronome te ten a función de complemento directo (CD) e o pronome che de complemento indirecto (CI).
Cando se utiliza o pronome te?⚑
O pronome te utilízase cando ten a función de CD, propio dos verbos transitivos, xa que alude ao ser ou ao obxecto sobre o que recae a acción verbal.
Se convertemos a oración en pasiva, o CD pasa a ser o suxeito. Por exemplo:
Vinte na cafetería / Ti fuches visto por min na cafetería.
Cando se utiliza o pronome che?⚑
O pronome che utilízase cando ten a función de CI, xa que indica o destinatario da acción expresada polo verbo. Por exemplo:
Díxenche a verdade.
Compreiche unhas lambonadas.
Truco para saber diferencialos⚑
Un truco moi rápido para diferenciarmos os pronomes te e che é substituír eses pronomes de segunda persoa polos de terceira.
Se podemos cambiar ese pronome por o/lo/no ou a/la/na, quere dicir que o pronome vai ser de CD. Polo tanto, temos que poñer te.
Saudeite onte pola rúa / Saudeino onte pola rúa.
Chameite por teléfono / Chameina por teléfono.
Se podemos substituílo por un lle, significa que é un pronome de CI e que debemos utilizar o che.
Lévoche mañá os apuntamentos / Lévolle mañá os apuntamentos.
Collinche as entradas do concerto / Collinlle as entradas do concerto.
Uso de asemade⚑
Asemade pode utilizarse como adverbio cando ten o significado de ‘ao mesmo tempo’ ou ‘simultaneamente’. Ainda que normalmente úsase no registro culto, non utilizalo na fala.
- Non se pode comer e falar asemade.
- Non podes facer os deberes e ver a televisión asemade, pois non te concentras.
Tamén se pode utilizar como conxunción co significado de ‘tan pronto como’.
- Foi o primeiro que vimos asemade entramos.
- Recoñecino asemade o vin.
É incorrecto empregar asemade como sinónimo de tamén, ademais ou igualmente.
Gramática⚑
Alfabeto⚑
No galego non hai as letras j, k, w, y. Mais se utilizan en as palabras prestadas doutros idiomas.
Artigos⚑
En galego non hai neutro. Artigos determinados:
| | Singular | Plural | | Feminino | a | as | | Masculino | o | os |
Vocabulario⚑
Expresións⚑
- Ao seu carón: a su lado
Grazas⚑
- Grazas
- Moitas grazas
- Graciñas
Meses⚑
- Xaneiro
- Febreiro
- Marzo
- Abril
- Maio
- Xuño
- Xullo
- Agosto
- Setembro
- Outubro
- Novembro
- Decembro
Números⚑
- 1: un
- 2: dous
- 3: tres
- 4: catro
- 5: cinco
- 6: seis
- 7: sete
- 8: oito
- 9: nove
- 10: dez
- 11: once
- 12: doce
- 13: trece
- 14: catorce
- 15: quince
- 16: dezaseis
- 17: dezasete
- 18: dezaoito
- 19: dezanove
-
20: vinte
-
30: trinta
- 40: corenta
- 50: cincuenta
- 60: sesenta
- 70: setenta
- 80: oitenta
- 90: noventa
- 100: cen
- 1000: mil
- 10^6: un milhom
Saúdos⚑
- Ola
- Bos días
- Boa tarde
-
Boas noites
-
Abur
- Aburiño
- Ata pronto
- Ata loguiño
- Ata logo
- Ata despois
- Ata máis ver
- Ata outra
- deica
- deica logo
- deica agora
- Adeus
Referencias⚑
- Dicionario
- Traductor
- Juego Pensatermos
- Conxugador de verbos
- Celga-1 materiais
- Conversas do fenómeno das persoas neofalantes e o futuro do idioma